Comeza
a semana e fágoo en Cabo de Ribeira, unha zona lonxe da Vila das Pombas.
Indícanme
de camiño que é unha zona con moitas humidades e de malas construcións. Alí
recíbenos, o delegado que nos amosa o Centro de día que acolle varias persoas
maiores para xogar unha partida de cartas ou incluso algunhas comen alí porque
non teñen recursos. Na mesma edificación hai un Xardín de Infancia para 38
crianzas que dirixen 2 monitoras, dentro dun proxecto da cooperación
portuguesa. As familias non pagan polas crianzas senón que colaboran con
alimentación. Teñen tamén unha aula de informática con 8 equipos, mais só
funciona 1 porque o local ten moita humidade e ao lado desta aula, hai unha
sala multiusos que queren adicar a formación.
Este
é o proxecto prioritario que quere presentar a CMP ao Fondo Galego de
Cooperación dentro do PMIEG (plano municipal de igualdade e equidade de
xénero), pero non o que eu planificarei aquí.
Pola
tarde adicome a escribir e a ler sobre as políticas de xénero en Cabo Verde e
tamén a disfrutar dun paseo pola vila. A vida no Paúl é moi tranquila e estoume
acostumando a isto. Gosto do Paúl. Ata mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario