viernes, 28 de septiembre de 2012

Comeza a experiencia!


Mañá, xa non estarei en Galiza, nin na pequena Ponteceso, Paúl (Santo Antao - Cabo Verde), será o meu próximo lugar de residencia.

Tiven a gran sorte de resultar seleccionada para a praza de técnica de igualdade do programa "Vacacións con Traballo" do Fondo Galego de Cooperación www.fondogalego.org . Este é un programa para persoal da Administración Local Galega, que consiste en adicar o mes que tes de vacacións, a traballar no exterior nalgúns dos proxectos do Fondo, e así, compartir experiencias co persoal técnico dos diferentes países.

Aquí vos deixo a nova publicada na páxina do Fondo (arriba sinalada), onde tamén poderedes atopar maior información sobre o programa de Vacacións con traballo.
 
 
Con este blog pretendo contar o meu día a día na Cámara Municipal de Paúl. Espero poder actualizar o blog todos os días, para ir contando cousas sobre a miña estancia no país e na illa, e por suposto, para contarvos tamén a perspectiva de xénero existente neste arquipélago. A mirada violeta da poboación caboverdiana e tamén a miña.
 
 
Grazas por estar ahí e lerme ;)




 
 

1 comentario:

  1. moita sorte mulleriña, disfruta moito da experiencia e pasao moi moi ben. esperamoste aquí cos brazos abertos. moitisimos bicos

    ResponderEliminar