viernes, 5 de octubre de 2012

1ª semana de traballo rematada


Hoxe, comeza a fin de semana, pero antes na xornada de mañá iremos a unha presentación pública dun proxecto dun centro de Formación Profissional en Transformaçao Alimentar que co apoio da Cooperación Luxemburguesa está dirixido a desenvolver accións de aprendizaxe e cualificación destinada a persoas xoves e/ou adultas profesionais e interventoras do sector. Un dos obxectivos é tamén o apoio técnico ás empresas que o solicitan.

Nesta presentación pública saen moitas cuestións importantes . A formación é moi importante mais a xente que se adica a este sector precisa de investimento na terra e tamén no momento da transformación e da comercialización, algo que non é misión deste centro, que se centrará na formación.

Dende o meu punto de vista, a iniciativa está ben, mais podendo investir a metade na rehabilitación do centro que está a carón do novo, creo que este proxecto debía de ir máis alá e dotar ao sector produtivo de acompañamento en todo o proceso, sendo un proxecto a nivel de illa coa implicación de tódolos concellos. Algo que me sorprende que non teñen posto en marcha é o fomento do cooperativismo, e non hai formación no sector produtivo, deste xeito de crear persoas emprendedoras.

Pola tarde, xa fóra da xornada laboral descubrirei a praia da Sinagoga e as súas piscinas naturais que hai de camiño á praia. Esta praia está entre Paúl e Ribeira Grande e recibe o mesmo nome que o lugar. Quedo abraiada coa riqueza que posúen estas piscinas nas que conviven moitas das especies mariñas, moitas descoñecidas para unha galega de costa coma min.



Obrigada e boa fin de semana!

2 comentarios:

  1. ¡Nótase que a túa nai é profe de lingua!... ¡que ben escribes!
    Un bicazo do teu Armenio favoritooo... ¡¡no, non son Raimon!!!... ¡¡¡Nonnnn tampoco son o Costner!!!... son... Jaiko... jajajaja.

    ResponderEliminar
  2. ajajajajaj Jaiko, estás fatal!!Fagoo o mellor que podo, pero moito obrigada polas túas boas palabras!!Sodes todos os meus grandes favoritos,bueno o Costner, non!!ajajj

    ResponderEliminar